Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
AXENDA 2030 E OS ODS - Coggle Diagram
AXENDA 2030 E OS ODS
ACCIÓNS CONCRETAS PARA 5 ODS DISTINTOS
Acción para o ODS 7 (Enerxía): Instalar paneis solares fotovoltaicos no centro de traballo ou empresa para autoconsumo e reducir a dependencia da rede eléctrica convencional.
Acción para o ODS 8 (Traballo Decente): Implementar programas estritos de prevención de riscos laborais (PRL) e ofrecer formación continua gratuíta aos traballadores.
Acción para o ODS 9 (Industria e Innovación): Aplicar técnicas de fabricación aditiva (impresión 3D) ou ecodiseño para minimizar a perda de materia prima na produción.
Acción para o ODS 12 (Produción Responsable): Establecer un sistema de economía circular baseado na reparación, reutilización e reciclaxe de compoñentes e residuos xerados.
Acción para o ODS 13 (Acción polo Clima): Calcular anualmente a pegada de carbono da organización e establecer un plan de compensación (por exemplo, mediante reforestación local).
ACTITUDES PERSOAIS ANTE OS ODS
Consumo responsable e consciente: Escoller produtos locais, duradeiros, con menor empaquetado e de empresas con compromiso ASG.
Optimización de recursos no fogar e traballo: Reducir o consumo de auga, apagar dispositivos en stand-by, e apostar polo aforro enerxético.
Mobilidade sostible: Priorizar o uso do transporte público, a bicicleta ou camiñar sempre que sexa posible para reducir emisións.
Xestión de residuos: Practicar activamente a redución, reutilización e a separación correcta nos ecoparques ou contenedores de reciclaxe.
Concienciación e educación: Informarse continuamente sobre sustentabilidade e compartir boas prácticas coa contorna familiar, social e profesional.
ANÁLISE DA AXENDA 2030 E OS ODS
Os 17 ODS
ODS 1 (Fin da pobreza): Erradicar a pobreza extrema en todas as súas formas no mundo.
ODS 2 (Firme cero): Acabar coa fame, lograr seguridade alimentaria e agricultura sostible.
ODS 3 (Saúde e benestar): Garantir unha vida saínta e promover o benestar para todas as idades.
ODS 4 (Educación de calidade): Asegurar educación inclusiva, equitativa e de calidade e aprendizaxe permanente.
ODS 5 (Igualdade de xénero): Acadar a igualdade entre xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.
ODS 6 (Auga limpa e saneamento): Garantir a dispoñibilidade e xestión sostible da auga e o saneamento.
ODS 7 (Enerxía asequible e non contaminante): Garantir o acceso a enerxías fiables, sostibles e modernas.
ODS 8 (Traballo decente e crecemento económico): Promover o crecemento económico inclusivo e o emprego pleno e produtivo.
ODS 9 (Industria, innovación e infraestrutura): Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e fomentar a innovación.
ODS 10 (Redución das desigualdades): Reducir a desiguadade dentro e entre os países.
ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles): Conseguir que as cidades sexan inclusivas, seguras, resilientes e sostibles.
ODS 12 (Produción e consumo responsables): Garantir patróns de consumo e produción sostibles.
ODS 13 (Acción polo clima): Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
ODS 14 (Vida submarina): Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, mares e recursos mariños.
ODS 15 (Vida de ecosistemas terrestres): Protexer, restaurar e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres e bosques.
ODS 16 (Paz, xustiza e institucións sólidas): Promover sociedades pacíficas, xustas e inclusivas.
ODS 17 (Alianzas para lograr os obxectivos): Revigorizar a alianza mundial para o desenvolvolvemento sostible.
¿Qué é a Axenda 2030?
Plan de acción global adoptado pola ONU en setembro de 2015 ("Transformar o noso mundo").
Busca erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidad sen deixar a ninguén atrás.
Composta por 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e 169 metas.
ODS MÁIS RELEVANTES PARA O SECTOR PROFESIONAL / EMPRESARIAL
ODS 7 (Enerxía asequible e non contaminante): Fundamental para optimizar procesos industriais, reducir custos enerxéticos e apostar polas renovables.
• ODS 8 (Traballo decente e crecemento económico): Clave para asegurar a seguridade laboral, a formación continua e un crecemento produtivo ético.
• ODS 9 (Industria, innovación e infraestrutura): Base para o ecodiseño, a dixitalización, as tecnoloxías limpas e a modernización de procesos.
• ODS 12 (Produción e consumo responsables): Esencial para aplicar modelos de economía circular, reducir residuos e optimizar materiais.
• ODS 13 (Acción polo clima): Necesario para calcular e reducir a pegada de carbono (HC) e minimizar emisións de GEI.