Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Cantiga de escarnio e maldicir - Coggle Diagram
Cantiga de escarnio e maldicir
Orixe
Este tipo de cantigas procede do sirventés, un xénero satírico provenzal, e máis dunha tradición satírica autóctona de carácter oral.
Clasificación
Cantigas de sátira social e personal
Burlas de vicios, costumes e defectos físicos, sátiras contra determinadas clases sociais (a avaricia dos infanzóns e dos ricomes).
Cantigas de sátira literaria
Burlas e parodias doutros tipos de cantigas (de amigo e de amor), do amor cortés, da escasa habilidade poética doutros trobadores e xograres...
Cantigas de sátira moral
Conteñen, por exemplo, recriminacións pola desaparición das antigas virtudes, polos abusos dos poderosos, polo aumento da corrupción...
Cantigas de sátira sexual
Referidas aos órganos sexuais, sobre soldadeiras, cornudos...
Cantigas de sátira política
Adoitan compoñerse a raíz dun suceso ou dunha situación política concreta: o comportamento covarde dalgúns soldados e cabaleiros nas guerras, as traizóns e as disputas entre aspirantes a cargos (ou mesmo aos tronos)...
Temas
O alimentario
destínase a ridiculizar a miseria e a avaricia dalgúns tipos sociais (ricomes, infanzóns).
A polémica social
implica todos os sectores e grupos sociais.
A aldraxe
divídese na afronta, na irrisión, no litixio e na rifa, no castigo...
O obsceno
está dividido en dous grupos: os órganos sexuais por un lado e as prácticas eróticas polo outro.
Que é?
é aquela creada para criticar algo ou alguén e, ao mesmo tempo, para facer rir ao público. Xa que logo, estas cantigas teñen unha dupla finalidade: a crítica e o humor.
Cantigas de escarnio
realizan unha crítica encuberta ou indirecta, é dicir, atácanse persoas ou institucións pero non directamente, senón mediante xogo de palabras, ironías, dobres sentidos...
Cantigas de maldicir
conteñen unha crítica directa e aberta, sen dobres interpretacións. Hoxe pode chamarnos a atención pola súa falta de pudor, pero gozaban dunha grande aceptación por parte do público.