Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Cantiga de amor - Coggle Diagram
Cantiga de amor
Temas
-
Reserva da dama
maniféstase a través do rexeitamento, a indiferenza, a despreocupación pola sorte do namorado, a prohibición de vela ou falarlle...
-
Coita de amor
presenta diferentes graos de sufrimento por amor: o pranto, a loucura e mesmo a morte por amor.
Recursos estilísticos
Mordobre
consiste na repetición, en posición simétrica, dun mesmo lexema, con variacións nos morfemas flexivos ou derivativos.
Dobre
consiste na repetición dunha palabra ou dun grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa.
-
-
Orixe
procede da canço provenzal, que é a expresión literaria da teoría do amor cortés.
No amor cortés, o trovador, translada á relacion amorosa o vínculo social entre o señor feudal e o seu vasalo. A señora fai de señor feudal e o poeta de vasalo.
Interlocutores
O destinatario directo da cantiga adoita ser a dama (senhor). Con todo, aínda que apareza a palabra senhor, ás veces o namorado diríxese a un auditorio indeterminado, a uns amigos, a Deus ou mesmo ao Amor como responsable do seu namoramento.