Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Cantiga de amigo - Coggle Diagram
Cantiga de amigo
-
Tipos/subxénero
-
Cantigas de romaría
están situadas ao pé dun santuario, dunha ermida ou dunha capela.
-
Forma interna
Paralelismo
consiste en repetir estrofas de dúas en dúas, de xeito que os versos da segunda varián moi pouco con respecto ao da primeira
Leixaprén
repetición do 2º verso da 1ª estrofa no 1º verso da 3ª estrofa
o 2º da 2 ª no 1º da 4ª;
o 2º da 3ª no 1º da 5ª
e así sucesivamente.
-
Forma externa
Cantigas monologadas
a amiga expresa os seus sentimentos amorosos, ás veces dirixíndose ao amigo, á nai, ás amigas, aos elementos da natureza... Pero estes non contestan.
Cantigas dialogadas
a moza establece unha conversación co amigo, cunha amiga, coa nai, con elementos da natureza... Que actúan como confidentes.
Orixe
é de orixe autóctona, procede da lírica popular anterior á época trovadoresca, pero tamén presenta certa influencia da lírica da Provenza.
Que é?
é unha composición, creada por un trovador, na que unha moza expresa os seus sentimentos amorosos polo seu namorado, que aparece citado coa palabra amigo.
Recursos estilísticos
cervo = amigo, namorado
cabelo da doncela = virxinidade
fonte ou río = encontro amoroso
mar = separación dos namorados
verde piñeiro, verde herba = sensualidade da primavera.