Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
LITERATURA POPULAR, Lendas etiolóxicas, Adoitan empregar fórmulas e…
LITERATURA POPULAR
-
NARRACIÓNS POPULARES
NARRACIÓNS MÍTICAS
Están protagonizadas xeralmente por
deuses e heroes, e sitúanse en épocas remotas. Son relatos que dan unha explicación fabulosa a determinadas preguntas do ser humano sobre o mundo e a existencia
LENDAS
Son relatos de historias relacionadas con lugares, personaxes ou feitos reais, pero con elementos marabillosos. Diferéncianse dos mitos en que os personaxes que as protagonizan non son deuses nin heroes, senón que teñen un carácter histórico ou real
-
CONTOS TRADICIONAIS
Relatos breves e enxeñosos responden a un esquema sinxelo. Serven para ensinar entretendo e para transmitir os valores sociais dunha comunidade.
Características
O conto adoita carecer dunha situación espacial e temporal precisa; a súa ambientación é xeralmente indeterminada.
POESÍA POPULAR
Poemas de rápida difusión e que son asumidos pola comunidade como parte do
acervo popular. Estas composicións anónimas e colectivas son versionadas
polo pobo cando se actualizan oralmente
Estruturas máis abundantes: cántiga, copla, cantar, terceto, muiñeira, *romance
TEATRO
En Galicia consérvanse moi poucas pezas dramáticas deste tipo, pero existen indicios de que nalgúns lugares se
celebraban representacións con ocasión de festas relixiosas ou profanas.
Tamén presentaba un carácter popular o teatro de monicreques
Conxunto de manifestacións literarias que o pobo adopta como propias e nas que participa creativamente de forma oral
Lendas etiolóxicas
L. históricas
-
L. relixiosas
Como as de tradición xacobea, do Santo Grial...
Outras
Relatos de mouros, castros...
Explican a orixe dun lugar, dun elemento natural, dun topónimo...
-
Os personaxes remiten máis a estereotipos que encarnan virtudes, defectos e comportamentos tópicos, ca a individuos particulares.
-
-
C. de costumes (entroido, maios, vodas...)
C. de labor (malla, sega, seitura, fiadeiros, muiñadas...)
-
Valoración da cultura popular: a partir da segunda metade do século XVIII produciuse un interese relacionado coa nova sensibilidade estética e literaria que daría lugar ao Romanticismo a principios do século XIX. Martín Sarmiento e o padre Sobreira son os primeiros en compilar certas cántigas e refráns galegos. A pegada das formas populares é evidente na obra de autores da época, e pode observarse na poesía de Rosalía de Castro e na narrativa de Valentín Lamas Carvajal