Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Comunicación e atención a diversos colectivos - Coggle Diagram
Comunicación e atención a diversos colectivos
persoas con trastornos do espectro autista
Empregar sistemas de comunicación baseados no uso de xestos naturais, signos, apoios visuais, imaxes, fotografías, ou obxectos reais, miniaturas ou representacións, para axudalos a comprender o que sucede
Escoitar as persoas de referencia, realizar anticipacións e utilizar pictogramas como sistema de comunicación
Empregar linguaxe sinxela e clara
Realizar visitas previas ao día programa
do para a atención
Os pictogramas son representacións gráficas para a comunicación que resultan moi sínxelos de comprender
Persoas maiores.
Recoméndase respectar o seu ritmo de expresión e comprensión sen impacientarnos e falar, cun ritmo moderado ou lento.
Vocalizar correctamente, elevar lixeiramente o ton de voz só se captamos deficiencias auditivas
Asegurarnos de que nos comprendeu.
Se lles damos documentación escrita, procuraremos explicar resumidamente a información que poden encontrar nela. Facilitarlle o acceso aos datos de interese marcándoos.
Resumir as instrucións ou os datos xerais con notas breves, escritas con letra grande e clara
Atención a persoas con discapacidade
Atención a persoas con discapacidade visual
levaremos a iniciativa no saúdo, preguntando en que podemos axudar
Falar directamente coa persoa invidente
Falar cun volume de voz moderado
Utilizar unha linguaxe explícita en si mesmo
Concretar as posicións de elementos físicos
Utilizar con naturalidade as expresións verbais relacionadas coa visión
Atención a persoas con discapacidade auditiva
Antes de falarlles, asegurarse de que nos miran ou chamar a súa atención.
Vocalizar con claridade, pero non berrar.
Construír frases curtas e simples.
Acompañar as nosas mensaxes con xestos e palabras escritas.
Atención a persoas con discapacidades psíquicas
Relacionarse con estas persoas segundo as súas posibilidades e non segundo as súas dificultades.
Normalizar a súa situación, evitando actitudes de incomprensión, infravaloración ou estigmatizantes. Evitar actitudes de paternalismo e sobreprotección
Evitemos actuar por elas:
Tratar as persoas con discapacidade psíquica de forma natural, de igual a igual