CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE PUBLICITARIA (Por: Alejandro Alonso Lago)

Estrutura dun anuncio

Slogan

Mensaxe curta, orixinal que trata de captar a atención do público.

Exemplo: "Just do it", da multinacional Nike.

Texto

Información que se quere transmitir a través de argumentos e apelacións.

Marca

Representación simbólica ou logo dunha empresa.

Fórmulas de persuasión

Argumentos racionais

Explícanse os beneficios e vantaxes dun produto.

Argumentos emocionais

Empréganse referencias que non teñen que ver co produto que se comercializa.

Recursos lingüísticos

Recursos para convencer

Recursos formais

Tamaño desigual das letras

Disposición premeditada da información.

Uso de frases populares

Emprego de cores determinadas

...

Tempos verbais en presente

Uso da primeira e da segunda persoa

Uso de interrogativas e exclamativas

Recursos retóricos: hipérboles, metáforas, anáforas...

Tipos de anuncios publicitarios

Publicidade preventiva

Advirte sobre os riscos que pode ocasionar un produto.

Feita por gobernos ou asociacións.

Publicidade política

Realizada por partidos políticos, co fin de gañar simpatizantes para futuras eleccións.

Publicidade comercial

Promociona un produto en particular para o público en xeral co obxectivo de conseguir novos compradores.