Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
O aparato locomotor - Coggle Diagram
O aparato locomotor
O esqueleto
Funcións
- Dá forma ao corpo e aguanta o peso dos tecidos.
- Proporciona fixación aos músculos e forma un sistema de pancas que estes poden mover.
- Cada óso posúe uns puntos nos que os músculos se fixan a través de tendóns.
- Os músculos contráense e tiran dos ósos para producir movementos.
- Protexe órganos e tecidos delicados como a medula na columna vertebral e os pulmóns e corazón na caixa torácica.
- No interior dalgúns ósos (medula ósea) fórmanse células sanguíneas.
- Formado por ósos e algo de cartilaxe.
- As unións entre ósos forman as articulacións.
Ósos
- Formados principalmente por un tecido moi duro que lles dá grande resistencia.
Distínguense
- Ósos curtos como as vértebras.
- Ósos planos como os do cranio.
- Ósos longos como os das extremidades.
Cartilaxe
- Formada por un tecido máis flexible que os ósos.
- Aparece recubrindo as articulacións, onde protexe os ósos do desgaste producido polo movemento destas.
- Está presente, por exemplo, na caixa torácica, unindo as costelas ao esterno.
- As orellas, o nariz e os aneis traqueais tamén teñen cartilaxe.
Articulacións
- Son a unión entre os ósos
- Nelas poden estar implicados dous ou máis ósos. Tamén poden aparecer outras estruturas e tecidos que fan que a articulación sexa funcional, como cartilaxe ou ligamentos.
- Se nos fixamos na capacidade de movemento que teñen as articulacións podemos diferenciar
Tres tipos:
Articulacións fixas
- Nestas articulacións os ósos están soldados e non se poden mover.
- É o caso dos ósos do cranio.
Articulacións móbiles
- Permiten que os ósos da articulación se movan.
- É o caso do cóbado, o ombreiro ou a cadeira.
Articulacións semimóbiles
- Permiten só un lixeiro movemento dos ósos.
- É o caso das vértebras.
-
A musculatura
- É o conxunto de músculos do noso corpo.
- Están formados principalmente por células musculares que teñen a capacidade de contraerse.
Os músculos
- Teñen a capacidade de contraerse e exercer forza.
- Fano grazas á enerxía que obteñen dos alimentos.
- Ancóranse aos ósos grazas aos tendóns, uns cordóns fibrosos que se fixan fortemente aos ósos e soportan a forza que exercen os músculos ao contraérense. Grazas a esta forte unión cos ósos, cando os músculos se contraen e se relaxan, movémonos.
- Mover un esqueleto de 206 ósos non é tarefa doada. Por iso temos músculos de diferentes formas e tamaños. Os alongados e delgados son capaces de contraerse moito pero exercen unha forza moderada; en contraposición, os músculos triangulares contráense menos pero exercen unha forza moito maior.
- Tamén hai músculos circulares que ao se contraeren pechan aberturas como as da boca.
- O sistema nervioso é o encargado de elaborar respostas adaptadas aos estímulos que os nosos sentidos perciben.
Respostas
-
- Encargado de executalo é o aparato locomotor.(formado polo esqueleto e a musculatura)