Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
CAUSAS DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL, reparto-de-los-balcanes-primera-guerra…
CAUSAS DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
AS CRISES MARROQUÍS
En 1905, o goberno alemán ofreceulle o seu apoio ao sultán de Marrocos para que se enfrontase aos franceses, que querían establecer un protectorado na zona.
A Conferencia de Alxeciras (1906) frustrou as aspiracións alemás ao establecer un protectorado franco-español sobre Marrocos.
Pero Alemaña, en 1911, co gallo dunha insurrección no sur de Marrocos, enviou barcos de guerra ao porto de Agadir, baixo o pretexto de protexer os súbditos alemáns.
Gran Bretaña apoiou incondicionalmente a Francia, pero a presión alemá acabou conseguindo a cambio a ampliación da colonia de Camerún.
ALIANZAS MILITARES E CARREIRAS DE ARMAMENTO
As potencias lanzáronse a un complexo sistema de alianzas militares para prepararse ante un posible enfrontamento.
En 1882, Alemaña, Austria-Hungría e Italia asinaron a Tripla Alianza.
Francia, temerosa do poderío militar e do expansionismo alemán, aliouse con Rusia e mellorou as súas relacións co Reino Unido, deterioradas polas disputas coloniais.
As tres potencias acabaron asinando o Triplo Acordo (1907).
O malestar existente entre as grandes potencias orixinou ademais unha carreira de armamentos.
Os Estados investiron grandes sumas de cartos en fabricar armas (canóns, obuses, metralladoras…), construír barcos de guerra e adestrar as súas tropas.
A comezos do século XX, todos se preparaban para a guerra e calquera incidente podía desencadear o conflito.
O asasinato do arquiduque austríaco Francisco Fernando (xuño de 1914) foi a chispa que incendiou Europa, pero as causas fraguáranse durante décadas.
OS CONFLICTOS BALCÁNICOS
Nos Balcáns, ante a decadencia do Imperio turco, Austria-Hungría aspiraba a expandirse na zona.
Pero enfrontábase ás ambicións de Serbia e do Imperio ruso que tamén quixeron aumentar a súa influencia e ocupar os estreitos do Bósforo e dos Dardanelos, que abrían os seus dominios ao mar Mediterráneo.
A anexión de Bosnia-Hercegovina ao Imperio austrohúngaro (1908) agravou as tensións nos Balcáns e orixinou a sucesión en poucos anos de dúas guerras (1912 e 1913) que empeoraron a situación.
As guerras consolidaron Serbia, co apoio de Rusia, como a potencia da zona.
Este liderado alarmou a Austria-Hungría que temía un levantamento xeral dos pobos eslavos baixo o seu dominio.
Por iso buscou o apoio de Alemaña fronte a Rusia.
OS ENFRONTAMENTOS COLONIAIS
A Conferencia de Berlín (1885) intentara establecer medidas de acordo e arbitraxe entre os imperios
O ascenso de potencias como Alemaña, que chegara con atraso á carreira colonial, volveu reabrir os conflitos entre os países europeos.
A comezos do século XX
Marrocos foi o escenario principal de enfrontamentos.
A tensión podía estalar en calquera lugar e en calquera momento.
AS RIVALIDADES ENTRE POTENCIAS
As potencias europeas tamén adoptaron posicións nacionalistas, exacerbadas pola defensa dos seus intereses en Europa e nos seus imperios coloniais.
Produciuse unha exaltación dos valores e a identidade de cada nación, que xerou un clima de desconfianza mutua.
Dese mesmo xeito, no ascenso dos nacionalismos contribuíron as aspiracións de independencia dalgúns pobos europeos que se querían librar canto antes da tutela e do control dos vellos imperios tradicionais.
Como consecuencia disto, a rexión dos Balcáns, denominada desde había séculos polo Imperio turco, converteuse nun foco de importantes tensións internacionais.
Así mesmo, franceses e alemáns enfrontábanse pola ocupación alemá das rexións francesas de Alsacia e Lorena, a raíz da guerra franco-prusiana.
Por último, existía unha forte rivalidade entre Gran Bretaña e Alemaña polo control comercial e económico de Europa e das rutas comerciais.