Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Os signos de puntuación - Coggle Diagram
Os signos de puntuación
O punto e coma
- Empregamos cando dentro dunha oración longa xa hai comas, para evitarmos confusións de comprensión
Empregamos
- En oracións que expresan un feito e a súa consecuencia.
- En oracións longas, diante de conxuncións como non obstante, mais, pero, en cambio, así que, polo tanto, daquela...:
Os puntos suspensivos
- Empregamos para indicar que unha oración queda interrompida ou en suspenso
Úsanse
- Para interromper unha oración expresando temor, dúbida, reticencia, intriga, emoción...
- Para indicar que se evita unha palabra malsoante ou subliñar que unha enumeración está incompleta ou queda aberta.
- Para sinalar a eliminación de parte dun texto que se cita, normalmente entre parénteses ou corchetes.
Os dous puntos
- Indican unha pausa moi parecida ao punto.
Úsanse
- Para introducir ou citar textualmente as palabras de alguén en estilo directo
- Para introducir a causa, a consecuencia ou a conclusión do que acabamos de dicir:
O punto
- Empregamos o punto para separar oracións e para sinalar que o contido que queremos achegar rematou.
- Despois dun punto debes comezar por maiúsculas e cando leas debes facer unha pausa.
Tipos de puntos
- Cando poñemos un punto e seguido estamos a separar oracións que, polo seu contido, están relacionadas entre si.
- Empregamos o punto e á parte para separarmos parágrafos ou versos que tratan temas distintos dentro do mesmo texto.
- Empregamos o punto final para transmitir que a información acabou totalmente.
A coma
- A coma indica unha pausa curta e emprégase para separar palabras ou frases, ou para separar os elementos dunha enumeración:
Empregamos
- Para intercalar aclaracións.
- Antes e despois dos nomes das persoas ás que nos diriximos.
- Para separar os decimais dos números enteiros
- Antes de mais, pero, pois e porque:
-