Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Os órganos dos sentidos - Coggle Diagram
Os órganos dos sentidos
A vista
-
- Os órganos accesorios son as órbitas, que aloxan o ollo, as glándulas lacrimais, que producen bágoas que o humectan; e as pálpebras, cellas e pestanas, que o protexen.
- Tamén contamos con músculos que moven o ollo cara onde queremos mirar.
-
-
Como vemos?
- A luz entra pola córnea e a pupila, atravesa o cristalino e proxéctase sobre a retina.
- A retina transforma os estímulos que recibe en información.
- Esta información viaxa polo nervio óptico ata o cerebro.
- No cerebro é onde se analiza para obter unha imaxe mental do que nos circunda.
O oído
- O sentido do oído localízase no oído. Estimúlase polos sons que viaxan polo aire.
Tres partes:
- Oído externo, composto pola orella e polo conduto auditivo externo.
- Oído medio, formado polo tímpano e a cadea de ósos finos.
- Oído interno, contén o caracol e o nervio auditivo.
Como oímos?
- Os sons chegan á orella e atravesan o conduto auditivo facendo vibrar o tímpano.
- Estas vibracións pasan a través do oído medio e interno e chegan finalmente ao nervio auditivo, que conduce a información ata o cerebro.
- Será aquí onde se interprete o que estamos a oír.
O olfacto
- O sentido do olfacto localízase no nariz. Estimúlase mediante substancias químicas que están disoltas no aire.
- Os receptores dos olores están situados na pituitaria amarela, unha zona localizada no interior das fosas nasais.
Como ulimos?
- As células da pituitaria amarela estimúlanse coa presenza de substancias químicas disoltas no aire.
- Envían esta información cara o cerebro onde é interpretada.
O gusto
- O sentido do gusto localízase na lingua. Estimúlase mediante substancias químicas disoltas na saliva.
- Na lingua localízanse as papilas gustativas.
- Son proxeccións nas que se atopan células especializadas en detectar os sabores.
- As papilas poden detectar combinacións de cinco sabores básicos: doce, amargo, salgado, umami (saboroso, en xaponés) e acedo.
Como saboreamos?
- A partir das papilas gustativas parten nervios que levan información cara o cerebro.
- Será aquí onde se interpreten os sabores que percibimos.
O tacto
- O tacto localízase na pel.
- É un sentido complexo xa que non só detecta o contacto físico, senón que tamén achega outras informacións como presión, temperatura, textura ou movemento.
- A pel é un órgano complexo dividido en tres capas:
Epiderme, capa máis externa con función protectora.
Derme, nesta capa localízanse diferentes estruturas entre as que podemos atopar os receptores do tacto. Son de diferentes tipos e cada un deles está especializado na recepción dun estímulo.
Hipoderme, é a capa máis interna. Ten graxa que nos protexe do frío e dos golpes.
Como funciona?
- Cada un dos receptores do tacto enviará información ao cerebro.
- Será este quen procese a información.
Outros sentidos
- O equilibrio. Permítelle ao noso corpo manter e modificar a postura.
- A dor. Permite detectar danos que afectan o organismo, tamén temperaturas extremas, substancias químicas agresivas... Hai receptores da dor por todo o corpo aínda que son moi abundantes na pel.
- A propiocepción. Sen necesidade de ver ou tocar sabemos se nos estamos movendo ou non, se estamos deitados ou erguidos ou onde temos os brazos e as pernas. A este sentido chámaselle propiocepción. Depende duns receptores internos que se localizan por todo o corpo.