Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Excreción - Coggle Diagram
Excreción
Órganos excretores:
Glándulas sudoríparas
- As glándulas sudoríparas sitúanse na pel.
- Producen suor, un líquido no que se eliminan algunhas substancias de refugallo e que ademais serve para regular a temperatura corporal.
- Cada glándula está formada por un tubiño que se enrola na parte inferior como se dun nobelo se tratase. O tubo ascende pola pel, formando o conduto sudoríparo, que desemboca nun poro.
Fígado
O fígado
- O fígado é un órgano que se sitúa cara ao lado dereito do abdome, por encima do estómago.
- Leva a cabo centos de funcións, algunhas relacionadas coa excreción. O fígado elimina algunhas substancias tóxicas do sangue.
Riles
- O ril é un órgano especializado en filtrar de modo selectivo o sangue. Xunto coas vías urinarias (uréteres, vexiga e uretra), forma o aparato urinario.
- Ao ril chegan substancias de refugallo diluídas no sangue. O ril ten unha complexa estrutura interna para realizar un filtrado selectivo do sangue. As substancias de refugallo que percorren os capilares que hai no interior do ril abandonan o torrente sanguíneo xunto con auga e outras substancias, aínda útiles para o organismo. Con todo, o ril ten un mecanismo que lle permite recuperalas.
- Así se van formando os ouriños, recollidos polos uréteres. Pasan á vexiga, un órgano onde se almacenan ata que se realiza a micción. Da vexiga parte a uretra, que desemboca no exterior.
Pulmóns
- O aparato circulatorio transporta sangue cargado en dióxido de carbono ata os alvéolos. Este gas abandona o sangue e pasa aos alvéolos para ser eliminado no aire que expiramos.
- O dióxido de carbono, unha substancia de refugallo, é eliminado nos pulmóns.
-
- A excreción é o proceso polo que se eliminan as substancias de refugallo que producen as células. Deste modo mantemos o equilibrio na composición do sangue e outros fluídos corporais.
- As substancias de refugallo poden ser de diferentes tipos, polo que cada unha delas será eliminada por un órgano diferente.