Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
LINGUA E LITERATURA GALEGA U.2 - Coggle Diagram
LINGUA E LITERATURA GALEGA
U.2
A poesía: é o xénero literario que recolle todas as obras en verso nas que a voz poética expresa as emocións, sentimentos e pensamentos persoais a través de recursos expresivos.
Características das obras poéticas:
Ao lerse pode apreciarse certa musicalidade grazas ao ritmo.
O autor pretende expresar ao lector os seus sentimentos e emocións a través do uso da primeira persoa.
Textos escritos en verso con estrutura métrica fixa na que o poeta selecciona e condensa a linguaxe.
Predominan temas intimistas como a alegría, a tristeza e o amor referidos ao mundo interior do poeta. Tamén se reflicte preocupacións sociais e políticas sobre todo en épocas históricas.
Uso dunha linguaxe literaria moi expresiva polo uso de diferentes recursos ou figuras literarias.
Composicións poéticas
Sátira: Poema que ridiculiza os vicios e os defectos da sociedade.
Epigrama: Poema de carácter festivo ou satírico.
Elexía: Composición lírica que expresa sentimentos pola morte dun ser querido.
Oda: Poema que canta as características de algo coa intención de gabalo.
Égloga: Poema no que dialogan pastores nun espazo idealizado sobre o amor que senten.
Himno: composición patriótica que enxalza un pobo.
Canción: composición destinada ao canto que conta con variedade temática e métrica.
Tipos de Poesía:
Popular: é de autor descoñecido e é cantada polo pobo e transmitida entre xeracións.
Culta: é de autores coñecidos.
Versificación
A medida do verso ven dada polo nº de sílabas que o forman e polo acento na última palabra do verso
Se o verso remata en palabra monosíliba ou aguda cóntase unha sílaba máis.
Se o verso remata en palabra esdrúxula cóntase unha sílaba menos
Se o verso acaba en palabra grave o número de sílabas non varía
Licenzas métricas que modifican o cómputo silábico
Sinalefa: Consiste en unir a última sílaba dunha palabra acabada por vogal coa primeira da seguinte comezada por vogal.
Sinérese: consiste en unir un hiato
Diérese: consiste en separar en dúas sílabas un diptongo.
Segundo o número de sílabas os versos poden ser:
De arte maior: cando teñen 9 ou máis sílabas
De arte menor: se teñen de 2 ata 8 sílabas
A rima
Consiste na repetición dunha secuencia duns sons ao final de dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada.
Tipos de rima
Asonante: So se repiten vogais
Consoante: repítense vogais e consoantes
Ritmo
Definición: Repetición das pausas e do acento fónico nas mesmas sílabas de distintos versos
Os poemas que carecen de rima ou ritmo recoñecible chámanse "verso libre", propio da poesía moderna. Cando no poema hai versos de distintas medidas sen rima e agrupados en series que non corresponden aos esquemas métricos tradicionais.
Definición: o verso é a unidade rítmica na que pode dividirse un poema. Suxeita a medida, a rima e o ritmo. A disciplina que estuda as clases de versos e estrofas chámase METRICA
Estrofas: versos agrupados
Tipos de estrofas
Pareado: dous versos, arte menor ou maior e riman entre eles con rima consonante ou asonante, con esquema AA, aa.
Terceto: tres versos, arte maior, rima consonante, esquema ABA
Tercetiña: 3 versos, arte menor, rima consonante ou asonante con esquema a-a
Cuarteto: catro versos, arte maior, rima consonante, esquema ABBA
Copla: catro versos, arte menor, rima asonante, esquema -a-a
Cuarteta: catro versos, arte menor e rima consonante, esquema abab
Sirventés: catro versos, arte maior e rima consonante, esquema ABAB
Redondilla: catro versos, arte menor, seguindo o esquema abba
Quintilla: combinación libre de 5 versos, arte menor, rima consonante cun esquema variable.
Lira: cinco versos, tres heptalílabos e dous hendecasílabos, rima consonante, esquema aBabB
Sextilla: seis versos, arte menor, rima consonante, esquema ababab
Sexteto: seis versos, arte maior, rima consonante, esquema ABABAB
Oitava Real: oito versos, arte maior (hendecasílabos), rima consoante, esquema ABABABCC
Décima: dez versos, arte menor, rima consonante, esquema abbaaccddc