O substantivo. Clases de substantivos
- Son palabras que designan persoas, animais, plantas, obxectos, lugares, sentimentos ou ideas no seu significado.
- Segundo este significado, existen diferentes clases de substantivos:
Propios: fan referencia ao nome das persoas e escríbense con maiúscula.
Ej. María, Xoán
Comúns: refírense a un individuo, animal ou cousa da mesma clase ou especie:
Ej. gato, esquío
click to edit
click to edit
Colectivos: fan referencia a un conxunto, en singular.
Ej. carballeira, cardume
click to edit
Non contables: fan referencia a cousas que non se poden contar de maneira individual.
Ej. mel, azucre, fariña, sal
Abstractos: fan referencia a ideas, conceptos ou sentimentos que non podemos percibir a través dos sentidos.
Ej. ledicia, paz, carraxe
Contables: designan obxectos ou cousas que se poden contar individualmente.
Ej. perna, caxato
Concretos: designan cousas que podemos percibir polos nosos sentidos:
Ej. rúa, auga, ceo
Individuais: designan unha soa cousa, animal ou obxecto.
Ej. mesa, can, bolígrafo
A formación do feminino
Os substantivos que no masculino rematan en -o ou en -e, cambian esa vogal por -a:
Ej. neno / nena
Os que rematan en vogal tónica ou consoante que non sexa -n engaden -a:
Ej. avó / avoa
Os rematados en -án no masculino, cambian -án por -á:
Ej. curmán / curmá
Cando o masculino remata en -ón, mudan esta terminación por -oa:
Ej. ladrón / ladroa
Algúns substantivos teñen formas distintas para masculino e feminino:
Ej. rei / raíña, galo / galiña
O número dos substantivos
Cando falamos de número referímonos a se as palabras están en singular ou en plural. Case todos os substantivos teñen singular e plural, pero hai excepcións:
Algúns substantivos só teñen singular:
Ej. mel
Outros só teñen plural:
Ej. maniotas
Outros teñen a mesma forma para o singular e o plural:
Ej. xoves
A formación do plural
Os substantivos que rematan en vogal ou en -n engaden -s:
Ej. gran, grans / mesa, mesas
Os monosílabos rematados en -l engaden -es:
Ej. mel, meles
Os agudos de máis dunha sílaba rematados en -l cambian o -l por -is:
Ej. fusil, fusís
Os que rematan en consoante distinta de -n engaden -es, así como os graves rematados en -l:
Ej. par, pares / púxil, púxiles
As palabras compostas cuxo segundo elemento é un substantivo monosílabo engaden -es:
Ej. parasol, parasoles