HISTORIA SOCIAL DA LINGUA. O GALEGO MODERNO

1900-1923: MONARQUÍA

1923-1930: DITADURA PRIMO DE RIVERA

1931-1936: II República

1936: INICIO DA GUERA CIVIL

Alternancia de conservadores e liberais, caciquismo, sen democracia

1916: IRMANDADADES DA FALA

GRUPO NÓS

1923: SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

Asociacións relacionadas co nacionalismo, que define Galicia como unha nación con lingua, territorio e cultura propios

Sociedade galega rural e campesiña

Economía atrasada

Escasa industrialización

EMIGRACIÓN

Desprazamento da poboación ás zonas urbanas

Precariedade

Foro

Para loitar contra todo isto nace o...

AGRARISMO

Movemento reivindicativo que espertou a conciencia do campesiñado para organizarse, denunciou o caciquismo e o sistema de foros, perseguiu o acceso a terra e a mellora da vida dos campesiños

Perda de liberdades básicas

Situación da lingua galega:
Idioma da maioría da poboación;
polo desprazamento ás cidades difúndense estereotipos negativos;
presenza escasa nos usos formais, marxinación.

Puxeron en marcha iniciativas a favor da lingua e a cultura galegas

Uso do galego en todos os ámbitos escritos e orais (prosa literaria, artigos xornalísticos, actos políticos e relixiosos, universidade...)
Publicacións periódicas (A Nosa Terra, Nós...)
Editoriais (Céltiga, Lar, Nós...)
Traducións ao galego
Recuperación da toponimia
Creación de compañías teatrais
Creación do Seminario de Estudos Galegos

PARTIDO GALEGUISTA

Reciben este nome por publicar na revista Nós (primeiro número: 1920)

CASTELAO, RISCO, OTERO PEDRAYO, CUEVILLAS, LOSADA DIÉGUEZ...

Naceron na década de 1880; familias acomodadas.
Estudos universitarios, formación intelectual.
Inconformistas e elitistas que evolucionaron cara ao galeguismo
Modernizaron a cultura galega afastándoa do folclorismo

REVISTA NÓS

Obxectivo: modernizar a cultura galega ata niveis europeos.
Temas: arqueoloxía, antropoloxía, historia, literatura... moitos traballos do Seminario de Estudos galegos.
Lingua: galego integramente
Importancia: converteu a lingua galega en expresión da alta cultura, sobre todo na prosa literaria e ensaística.

Obxectivos:
estudar dun xeito interdisciplinario a realidade galega e
formar novos investigadores

Estruturábase en seccións (Filoloxía, Arte e Letras, Historia, Xeografía, Ciencias Naturais...) e utilizaba o galego para divulgar os seus estudos científicos. Asumiu un labor que non desenvolvían na época nin a universidade nin a Real Academia Galega

A revista A Nosa Terra era o seu órgano de expresión, así como un medio de difusión do pensamento galeguista

Fúndase en 1931 e asume moitas das reivindicacións lingüísticas das Irmandades, como a galeguización do ensino e a cooficialidade do galego e o castelán.

Participou na elaboración do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
Este Estatuto foi aprobado en plebiscito en Galicia, foi aceptado a trámite nas Cortes grazas ao esforzo do deputado Castelao, pero a vitoria franquista impediu que entrase en vigor.

Debido aos avances anteriores á guerra, tras o franquismo Galicia foi considerada unha nacionalidade histórica

Ampliación de dereitos sociais e políticos

Os sublevados dan un golpe de estado contra o goberno democrático

Debido ao labor das Irmandades, o Seminario e o Grupo Nós, a situación do galego mellora moito: é unha lingua válida para todos os xéneros literarios, todos os temas, todos os contextos...