Coggle requires JavaScript to display documents.
O suxeito é a parte da oración formada por palabras que nos di quen realiza a acción ou de quen se di algo.
O predicado é a parte da oración que desenvolve a acción. Expresa o que fai o suxeito, como é ou como está. Pode estar formado por unha ou varias palabras. O núcleo do predicado é sempre un verbo.
O complemento directo é aquel que completa o significado dos verbos transitivos (os que precisan dun complemento para completar o seu significado) e está formado por un nome, pronome ou grupo nominal.