Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
ORIXE E EVOLUCIÓN DA VIDA - Coggle Diagram
ORIXE E EVOLUCIÓN DA VIDA
ORIXE DA VIDA NA TERRA
As primeiras teorías sobre a orixe da vida
Creacionismo
A vida se orixinou pola vontade creadora dun ser divino
Teoría da xeración espontánea
A vida surxe de forma espontánea a partir de materia inerte
Refutación destas teorías
Os experimentos de Redi e Spallanzani demostraron que estas teorías non eran certas, mais foi Louis Pasteur quen refutonas definitivamente
A panspermia: a orixe cósmica da vida
Sostén que nas nubes de materia do medio interestelar existe unha gran variedade de compostos orgánicos complexos que foron transportados até o Sistema Solar polos cometas
Teoría prebiótica (Oparin e Haldane)
Supón que a materia viva sería o resultado dunha evolución química que precedeu quizais á evolución biolóxica
As chemineas hidrotermais submarinas
O punto de partida da evolución química puideron ser as fontes hidrotermais, que substituirían a atmósfera primitiva
Na actualidade: o Mundo ARN
Crese que o ARN foi o primeiro polímero de relevancia biolóxica en aparecer, e que todos procedemos dun último devanceiro común universal, LUCA
A EVOLUCIÓN CELULAR
O instante decisivo na orixe das células foi a aparición dunha membrana biolóxica
As primeiras células foron bacterias heterótrofas anaerobias fermentadoras
Máis tarde apareceron as cianobacterias, capaces de realizar a fotosíntese, grazas á cal apareceron as bacterias heterótrofas aerobias e a respiración celular
As células eucariotas evolucionaron segundo a teoría endosimbionte
A EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS
As teorías evolucionistas
Hipótese de Lamark
A función crea o órgano
Os caracteres adquiridos son herdados
Teoría de Darwin-Wallace
Elevada capacidade reprodutora, variabilidade, selección natural e evolución
Neodarwinismo
Existencia dunha variabilidade xenética da poboación
Actuación da selección natural como base evolutiva
Novas teorías sobre a evolución
Neutralismo
A maioría das mutacións que se producen durante a evolución son neutras
Saltacionismo
O cambio evolutivo prodúcese a saltos
Antigas teorías sobre a orixe das especies
Creacionismo
As especies non mudan, senón que se manteñen invariables desde a Creación
Catastrofismo
A Terra estivera exposta a grandes catástrofes, despois das cales Deus crea novas especies animais e vexetais
AS PROBAS DA EVOLUCIÓN
Evidencias clásicas
Morfolóxicas
Paleontolóxicas
Embriolóxicas
Taxonómicas
Evidencias recentes
Bioquímica comparada e bioloxía celular
Secuencias de proteínas e ADN
Hibridación de ADN
COMO SE ORIXINAN NOVAS ESPECIES?
Dúas poboacións da mesma especie quedan separadas por unha barreira xeográfica
As dúas poboacións seguen evolucións independentes
A acumulación de diferencias e a selección natural rematarán por orixinar dúas especies distintas
ETAPAS EVOLUTIVAS NOS HOMÍNIDOS
O proceso de hominización
Postura bípeda ou erecta
Maior mobilidade nas mans
Diversificación da dieta
Extremidades inferiores máis longas
Aumento do grao de encefalización
Dieta máis rica e variada
Actividades sociais e de comunicación
Incremento do crecemento cerebral na xestación
Prolongación da infancia
Evolución dos homínidos
Orrorin tugenensis > Ardipithecus ramidus > Australopithecus > Paranthropus > Homo