Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
A función de nutrición no ser humano - Coggle Diagram
A función de nutrición no ser humano
Significado da funciónde nutrición
O ser humano é un ser vivo e polo tanto realiza as tres funcións vitais:
Función de nutrición
O ser humano é un ser vivo pluricelular. Está formado por células que se organizan en tecidos. Os tecidos forman órganos e estes, á súa vez, aparatos e sistemas.
Os aparatos e sistemas realizan diferentes funcións de modo coordinado para que o corpo funcione e se manteña san.
Mediante a función de nutrición o organismo:
Obtén enerxía para realizar as funcións vitais.
Obtén substancias, é dicir materia, que usa como materiais para reparar tecidos e crecer ou para regular funcións e manterse san. Por exemplo o calcio é necesario para que os músculos se movan.
Función de relación
La función de relación es el proceso por el cual los seres vivos reciben información del medio que les rodea. Es decir, la función de relación vincula al ser vivo con el medio ambiente. ... Esas informaciones se analizan en el sistema nervioso, que elabora las respuestas.
Función de reprodución
La función de reproducción: es aquella función vital que permite la supervivencia de la especie, ya que los organismos progenitores producen nuevos individuos que reemplazan a aquellos que mueren. ... Los sistemas de reproducción varían mucho según los distintos tipos de seres vivos.
Aparato dixestivo
A dixestión é o proceso polo que os alimentos e as bebidas que tomamos se descompoñen en partes moi pequenas, os nutrientes, que o corpo pode usar para obter materia e enerxía. O aparato encargado de realizar a dixestión é o aparato dixestivo.
Órganos do aparato dixestivo
O aparato dixestivo está composto por:
O tubo dixestivo: é un tubo continuo que comeza na boca e remata no ano. Divídese en varias partes: boca, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso e ano.
As glándulas anexas: segregan zumes que pasan ao tubo dixestivo e axudan no proceso de dixestión. As máis importantes son as glándulas salivares, o fígado e o páncreas.
Hábitos saudables
Cepilla ben os dentes despois de cada comida e visita o teu dentista periodicamente.
Mastiga ben antes de tragar.
Evita a obesidade mantendo un ritmo de vida activo, camiña e fai deporte.
Lava ben as mans antes de tocar alimentos
Sigue unha dieta saudable. É importante tomar froitas e verduras. Tamén beber auga suficiente para manterte hidratado. Fai cinco comidas ao día e non esquezas que almorzar ben é moi importante.
Aparato respiratorio
O proceso de respiración é o proceso no que aspiramos e expulsamos aire a través do aparato respiratorio.
O aparato respiratorio está formado polos pulmóns e unha serie de condutos que conducen o aire ata eles chamados vías respiratorias.
A respiración
A respiración consta de deas fases sucesivas
Ventilación pulmonar: consta da inspiración e a expiración.
Intercambio de gases: ocorre nos pulmóns
Hábitos saudables
Respira polo nariz, así o aire pode quentarse, humedecerse e eliminarse algunhas impurezas. No aparato respiratorio o moco é un mecanismo de defensa. Atrapa pequenas partículas como bacterias e po, evitando que entren no corpo. Isto ocorre sobre todo no nariz.
Se vai frío, protexe o nariz e a boca.
Unha alimentación adecuada axuda a manter san o teu aparato respiratorio.
Evita ambientes contaminados, como por exemplo aqueles nos que hai fume de tabaco, produtos químicos no aire...
Lava as mans para evitar infeccións.
O aparato circulatorio
O aparato circulatorio é o encargado de levar a todas as células do noso corpo os nutrientes que obtivo o aparato dixestivo e o osíxeno que captou o aparato respiratorio. Ao mesmo tempo recolle as substancias de refugallo que xeran as células. Este proceso de movemento e transporte continuo chámase circulación.
Os órganos do aparato circulatorio
O aparato circulatorio está formado por:
Vasos sanguíneos. Son conductos que percorren todo o corpo
Do corazón saen as arterias que se dividen sucesivamente para formar vasos moi finos, chamados capilares, que chegan a todos os tecidos do corpo. Os capilares únense de novo para formar veas que regresan ao corazón.
Sangue. É un líquido que se move constantemente polos vasos sanguíneos.
Corazón. É un órgano musculoso e oco que se enche de sangue para bombeala a todo o corpo.
A circulación é o proceso mediante o cal o sangue se move por todo o corpo impulsado polo corazón. Consta de dous circuítos: Circulación pulmunar
O sangue vai dende o corazón ata os pulmóns. Alí cargase de osíxeno e descarga o dióxido de carbono. Despois volve ao corazón: Circulación xeral
Hábitos saudables
Fai exercicio polo menos tres ou catro veces á semana. Deste modo o teu corpo adáptase aos esforzos e fortalécese.
Bebe auga suficiente. A auga axuda ao correcto funcionamento do corazón e regula a presión arterial.
Unha alimentación adecuada axudará a manter o teu aparato circulatorio san, xa que lle achegará os nutrientes que necesita.
Aparato urinario
No proceso de excreción están implicados:
O fígado, que se encarga, entre outras funcións, de eliminar cara ao intestino substancias nocivas que se expulsarán xunto coas feces.
Os pulmóns, que eliminan dióxido de carbono que contén o sangue a través do aire que expulsamos.
As glándulas sudoríparas, situadas na pel, que poden eliminar algunhas substancias a través da suor.
Os riles, que filtran o sangue para formar os ouriños. Forman parte do aparato urinario.
Os órganos do aparato urinario
Os uréteres: son condutos que transportan os ouriños producidos nos riles ata a vexiga.
Vexiga: é un órgano no que se acumulan os ouriños ata o momento da micción.
Os riles: órganos que se sitúan na rexión lumbar aos lados da columna vertebral. Nos riles prodúcense os ouriños.
Uretra: é un conduto que conecta a vexiga co exterior.