Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
TEMA 10 - Coggle Diagram
TEMA 10
Vocabulario
Formación do substantivo
O substantivo é o núcleo da frase nominal. Os substantivos fórmanse ao engadirlles sufixos a outros nomes, a adxectivos e a verbos. pera (substantivo) + -eira: pereira
Como xa sabes, os substantivos son palabras que nos serven para designar persoas, animais, cousas ou sentimentos.
Segundo o seu significado, poden ser propios ou comúns. Os comúns, á súa vez, poden ser concretos ou abstractos,individuais ou colectivos, contables ou non contables.
-
Ortografía
Palabras con g, gu e gü
Palabras con g
Escríbese g ante a, o, u
Exemplos :gaita, goberno, gustar
-
Gramática
Texto, parágrafo, enunciado, frase e oración
Os parágrafos, polo seu contido, complementan o texto, ao expresaren unha idea común. Os parágrafos adoitan estar formados por frases e oracións.
Os enunciados son textos emitidos por un suxeito, delimitadospor pausas, que emiten unha mensaxe con sentido completo. Os enunciados poden ser oracionais ou non oracionais. Por tanto,todas as oracións son tamén enunciados, mais non todos os enunciados son oracións.
Os enunciados non oracionais son frases: un grupo de palabras, un núcleo nominal, adxectival ou adverbial e outros elementos adxacentes, que cumpre unha función na oración.
Os enunciados oracionais están compostos por oracións,formadas por un suxeito e un predicado e teñen, polo menos, un verbo.
Un texto é un enunciado ou conxunto de enunciados, orais ou escritos, que polo seu contido forman unha mesma unidade. Os textos poden ser orais ou escritos e estar divididos en parágrafos, que rematan cun punto e á parte.