Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Literatura - Coggle Diagram
Literatura
-
Recursos literarios II
A literatura ten como finalidade crear beleza; procura a perfección. O autor bota man das figuras retóricas para embelecer a linguaxe que usa.
Eses recursos literarios poden ser fonéticos, sintácticos ou semánticos.
Fonéticos: cando experimentan cos sons das palabras, por exemplo, a aliteración.
Sintácticos: cando repiten unha ou máis palabras na mesma oración, por exemplo, a anáfora.
Semánticos: cando xogan co significado das palabras, por exemplo, a antítese.
Comentario literario
O comentario literario consiste en facer unha análise completa do que nos quere transmitir un texto. Cómpre partir da idea e o tema principal, indicando se o texto está en prosa ou en verso. Ademais, dentro desa análise, é importante destacar a lingua que se emprega e o tipo de texto que é: narrativo, lírico ou teatral.