Escríbense con h as formas dos verbos haber, habitar, herdar e honrar, e os derivados destes.
Así mesmo, os prefixos hecto- ('cen'), hema- ('sangue'), hemi- ('metade'), hepta- ('sete'), hexa- ('seis'), hidro- ('auga'), hiper- ('superior'), hipo- ('cabalo'):
hectogramo, hematoma, hemisferio, hidroavión, hipermercado
Tamén se escriben con h as palabras que empezan por hort- (agás ortiga e o prefixo orto-), hosp-, horr- e hum- (agás úmero):
horticultor, hospital, horrrible e humano
Todas as palabras derivadas que se forman a partir dunha palabra primitiva que leva h conservan ese h:
humano, inhumano, humanizar