Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Vocabulario Lexemas e morfemas: prefixos e sufixos - Coggle Diagram
Vocabulario
Lexemas e morfemas: prefixos e sufixos
As palabras están formadas por lexemas e morfemas. O Lexema e a parte da palabra que non varia e da o significado a palabra, o morfema e a parte da palabra que varia e engadese ao lexema. Existen dous tipos de morfemas:
Derivativos: Dan significados diferentes ás palabras. Segundo a súa posición, podemos dividilos en:
Sufixos: cando van despois dunha palabra ou raíz
panad-eiro
Prefixos: cando van diante dunha palabra ou raíz
des-prestixio
Unha palabra pode levar prefixos e sufixos ao mesmo tempo:
impresentable → im- (prefixo) + present- (raíz ou lexema) + -able (sufixo)
Vexamos algúns exemplos dos prefixos e sufixos máis comúns e o significado que achegan ás palabras:
Sufixos
Acción ou efecto
-ación
compens-ación; capacit-ación
Inflamación
-ite
amigdal-ite; bronqu-ite
Profesión
-ista, -aria
oculista; secretaria
Prefixos
Baixo
Sub-
sub-marino; sub-solo
Volver
Re-
re-establecer; re-facer
Distancia
Tele-
tele-trasportador; tele-visión
Antes
Pre-
pre-visible; pre-establecido
Flexivos: sitúanse ao final da palabra.
Nos verbos indican o número, a persoa, o tempo e o modo (desinencia):
cant- a (vogal temática da conxugación á que pertence, neste caso, 1.ª conxugación).
cant- aba (desinencia verbal que indica a persoa, o tempo e o modo: 1ª ou 3ª persoa de singular, copretérito de Indicativo).
En substantivos e adxectivos dan
información sobre o xénero e o número:
nenos → nen- (raíz ou lexema) + -o- (xénero) + -s (número)