Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
TEMA 8 - Coggle Diagram
TEMA 8
LITERATURA
A narración
, narrar é contar feitos reais ou imaxinarios. Na narración existen elementos que interveñen en todas as historias e que responden ás preguntas que nos podemos facer delas.
Elementos da narración
Os personaxes participan na acción. Poden ser animais, persoas, obxectos ou seres imaxinarios. Hai personaxes principais e secundarios. O personaxe máis importante é o protagonista e, ás veces, pode ter un opoñente coñecido como antagonista.
O espazo é o lugar ou lugares onde transcorre aacción ou trama.
O narrador é quen nos conta a trama. Pode ser dedous tipos:
O narrador externo non participa na acción,aínda que coñece os pensamentos e sentimentos dos personaxes. Exprésase en terceira persoa.
O narrador interno é o que participa na acción, sendo personaxe desta. Conta os feitos en primeira persoa.
O tempo é o momento no que se sitúa a acción e asúa duración.
A acción é o que se conta. Recorda que a acción pode ser real ou irreal.
A novela
A novela é unhanarración en prosaque tenta entreteros lectores. Contaunha acción finxida,en todo ou en parte.
Atendendo á temática as novelas poden ser: históricas, de aventuras, bizantinas, de cabaleiros, de ciencia ficción, de espíase intriga, cortesás, fantásticas, policiais, de amor...
Atendendo á extensión atopamos a novela curta, que posúe menos desenvolvemento da trama e dos personaxes.
A novela destaca polo seu carácter aberto e a súa capacidade para reunir variedade de personaxes,historias cruzadas,ritmos ou feitos desordenados cronoloxicamente.Pode incluír outros tipos de textos como cartas, documentos,lendas...
VOCABULARIO
Lexemas ou raíz
é a parte da palabra que non varíae a que lle proporciona o significado fundamental
Morfema, parte que varía e que se engade ao lexema
Flexivos: sitúanse ao final da palabra.
En substantivos e adxectivos proporcionan información sobre o xénero e o número. nenos→ nen-(raíz ou lexema) + -o-(xénero) + -s(número)
Nos verbos indican o número, a persoa, o tempoe o modo (desinencia):
cant- a (vogal temática da conxugación á que pertence, neste caso, 1.ª conxugación).
cant- aba (desinencia verbal que indica a persoa, o tempo e o modo: 1ª ou 3ª persoa de singular,co pretérito de Indicativo).
Derivativos: proporcionan significados diferentes ás palabras. Segundo a súa posición, podemos dividilos en :
Prefixos: cando van diante dunha palabra ou raíz: des-prestixio
Sufixos: cando van despois dunha palabra ou raíz:panad-eiro
Unha palabra pode levar prefixos e sufixos ao mesmo tempo: impresentable→im-(prefixo) + present- (raíz ou lexema) + -able(sufixo)
ORTOGRAFÍA
Palabras con h
Escríbense con h as formas dos verbos haber, habitar, herdar e honrar, e os derivados destes.
Tamén se escriben con h as palabras que empezan por hort-(agás ortiga e o prefixo orto-), hosp-, horr- e hum- (agás úmero)
Exemplos:horticultor, hospital, horrrible e humano
Todas as palabras derivadas que se forman a partir dunha palabra primitiva que leva h conservan ese h
Exemplos: todas as palabras derivadas que se forman a partir dunha palabra primitiva que leva h conservan ese h
Así mesmo, os prefixos hecto- ('cen'), hema- ('sangue'), hemi-('metade'), hepta- ('sete'), hexa- ('seis'), hidro- ('auga'), hiper-('superior'), hipo- ('cabalo'):
Exemplos:hectogramo, hematoma, hemisferio, hidroavión, hipermercado
Palabras con cc e ct
En galego existen os grupos cultos cc e ct. Hai palabras da mesma familia que teñen estes dous grupos
Escríbense con cc e ct as palabras nas que o grupo culto está precedido polas vogais a, e, o
Exemplos:adxectivo, cocción, acción, acto, hectómetro, acceso
Escríbese un só c ou soamente o t se lles precedenas vogais i e u
Exemplos:dicionario, redución, construtor
Estas regras teñen excepcións, xa que algunhas palabras cultas conservan os grupos cc e ct ou cambia a vogal en troques de desaparecer
Exemplos: doutoral, ficción, adicción, pictórico
EXPRESION ESCRITA
Narrar experiencias en 1º e 3º persoa
Narrar é contar deforma ordenada unha historia que sucedeu, a nós ou aoutras persoas,animais ou cousas.Contámolas deforma ordenada,presentando os protagonistas,onde e cando sucedeu a trama e poñendo un final.
Como xa dixemos, o narrador é o encargado de contarnos a trama e este pode ser interno ou externo. Cando o narrador é interno é que, ademais de contarnos a historia, é un dos personaxes que participa na trama. Pola contra, falamos dun narrador externo cando o fai en 3.ª persoa e é alleo a ela.
Para narrar en 1.ª ou 3.ª persoa é fundamental que saibamos conxugar os verbos, que interioricemos as persoas, o tempo e o modo no que están a acontecer os feitos que queremos contar.