Cando Noa era máis cativa, gustáballe bañarse nunha pistina, gozaba facendo debuxos cun retulador e escoitar a música que poñían os seus pais pintando un sorriso sereno no seu rostro. Ah! e, dende moi cativa, era amiga dun elefante, unha peluche, claro, que se chamaba Tito e que lle mercaran un día que Noa metera a pata, ou sexa, o pé, nunha ola con auga quente e tivera que estar uns días no hospital.