Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
ESPAÑA: FORMA DE GOBERNO E ORGANIZACIÓN TERRITORIAL - Coggle Diagram
ESPAÑA: FORMA DE GOBERNO E ORGANIZACIÓN TERRITORIAL
Poder lexislativo
Congreso dos Deputados
Elixen e destitúen ao presidente do Goberno e aproban proposicións de lei.
Controla a acción do Goberno mediante preguntas, interpelacións, comisións...
A Constitución estipula que os seus deputados serán elexidos nunhas eleccións xerais, por sufraxio universal, libre e secreto. O mandato destes está limitado a 4 anos, salvo previa disolución das Cortes, e o seu número é de 350 deputados.
Senado
A súa principal función é a de tramitar proxectos de ley, previamente propostos no Congreso dos Deputados e de ratificalos.
Tamén teñen a obriga de controlar a acción do Goberno, nunha sesión de control.
A Constitución estipula que os seus senadores serán elixidos nunhas eleccións xerais, salvo os designados polos Parlamentos Autonómicos, e o seu número é de 265 senadores.
Parlamentos Autonómicos
Cada CCAA ten o seu parlamento, que elixe aos Presidentes Autonómicos e aproba os Presupostos Xerais destas.
Poder executivo
Está composto polo Presidente do Goberno, previamente electo no Congreso dos Deputados e polos seus ministros.
É o encargado de dirixir a administración do país, elaborar os Presupostos Xerais do Estado e velar pola correcta execución das leis.
As súas funcións se ven reflexadas na Administración Xeral do Estado, un conxunto de organismos públicos encargados de executar os decretos aprobados polo Goberno.
Poder xudicial
Está composto por varios organismos:
Consello Xeral do Poder Xudicial (Goberno do Poder Xudicial)
Tribunal Supremo (Encargado de xulgar aos membros da máis alta administración do Estado.)
Tribunal Constitucional (Adminstra os asuntos referentes á Constitución.)
Audiencia Nacional (Trata os temas máis graves de ámbito social.)
Tribunal de Contas (Regula o cumprimento das leis no ámbito económico do Estado.)
Tribunais Superiores de Xustiza (Máximos órganos do poder xudicial nunha CCAA.)
A súa principal función é a de administrar xustiza e a de velar polo cumprimento das leis.
Xefatura do Estado
Ten a función de representar e de intervir en asuntos importates do Estado.
Está representada polo rei Felipe VI, que sucedeu ao seu pai Xoán Carlos I, no ano 2014.
Os seus dereitos e deberes veñen recollidos no Título II da Constitución.
Organización Territorial
A súa principal forma de representación son as Comunidades Autónomas, rexións de España cunha cultura, historia e goberno propios que conforman o estado Español. En total hai 17 CCAAS e dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla).
Estas están conformadas por provincias. Actualmente hai 50 provincias en España. Estas tamén actúan como circunscripcións electorais nunhas eleccións.
As provincias son unha agrupación de municipios. Estes son a forma máis pequena de organización do Estado. O seu principal órgano de administración son os concellos, encargados de proporcionar á poboación servizos básicos coma auga, luz, etc.