O sistema nervioso central divídese en encéfalo, aloxado no cranio, e medula espiñal, que se conecta con el e discorre polo interior da columna vertebral. En ámbolos casos unhas membranas, denominadas meninxes, ofrecen unha protección extra.
Esta formado por:
Tronco encefálico: As súas funcións son as de regular actividades de órganos internos como a respiración e o ritmo cardíaco.
Cerebelo: coordina os movementos do noso corpo e axúdanos a manter o equilibrio.
Cerebro:Entre as súas funcións están: o control das accións voluntarias, a análise da información dos órganos dos sentidos...
A medula espiñal: Pode elaborar algunhas respostas, como os actos reflexos nos que non participa o cerebro.