Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
A IGREXA NA ALTA IDADE MEDIA - Coggle Diagram
A IGREXA NA ALTA IDADE MEDIA
Por qué se fixo tan importante a Igrexa?
A relixión cristiá converteuse nun lazo de unión entre todos os reinos europeos unha vez que desaparece o Imperio Romano
A xente era moi crente e moi devota e cría na existencia doutro mundo
O emperador Teodosio promulga o Edicto de Tesalónica,que declara o Cristianismo a relixión oficial do Imperio Romano
A Igrexa e o estamento do clero eran os encargados de facer que as persoas chegaran ao ceo a través das plegarias
O número de cristiáns aumentou na Alta Idade Media
A Igrexa tiña unha enorme influencia na vida das persoas,na política,na cultura,na arte, no día a día, o papel da Igrexa e da Relixión era primordial,principal e central
Composición
componse por
clero regular
O clero regular eran aqueles que seguían
unha Regra (a de San Francisco, a de Santo Domingo, etc ) e vivían illados da vida diaria en mosteiros , como os dominicos ou os beneditinos
clero secular
O clero secular eran aqueles que vivían “no mundo” (no “século”), mesturados cos laicos
divídese en
alto clero
O alto clero estaba formado pola persoas do estamento da nobreza , era o Papa, os cardeais, os arcebispos, os bispos, e abades/abadesas e os priores
baixo clero
O baixo clero estaba formado por persoas do pobo chan: eran os párrocos, os sacerdotes e os monxes e monxas
Cultura e Igrexa
a arte
na Idade Media só se desenvolveu arte relixiosa
na Baixa Idade Media arte gótica
na Alta Idade Media:arte prerrománica
(durante os Reinos Xermanos).E arte Románica
os libros
O número de libros era moi escaso e as grandes bibliotecas
estaban nos mosteiros, onde os propios monxes copiaban a man e iluminaban (facían os cadros) os libros que se distribuían por toda Europa.
Os libros era un obxecto de luxo, e tardábase anos en copiar
un.
eran copiados a man,polos monxes
Como os libros estaban gardados nos mosteiros e os copistas
eran monxes,a Igrexa era a que tiña no seu poder a decisión de que libros copiar e cales tiñan que caer no esquecemento
a educación
primeiros estudos
Os primeiros estudos impartíanse en escolas de mosteiros,
seguindo a tradición comezada xa por Carlomagno. Os estudos
básicos baseábanse en aprender a ler e a escribir usando libros
relixiosos e máis cousas básicas de matemáticas (sumar, restar,
multiplicar e dividir)
estudos superiores
Os estudos superiores impartíanse nas “escolas catedralicias”,
que estaban nas cidades. Os estudos eran ou ben teolóxicos, ou ben de dereito ou de medicina. Os rapaces do estamento do pobo chan que asistían, era porque tiñan demostrado a súa intelixencia, e o máis seguro era que o seu futuro fora formar parte da Igrexa
explicación
A Igrexa era a única institución que tiña escolas e coidaba de
que non se perdera a cultura herdada da civilización romana e grega, gracias ás bibliotecas que tiña nos mosteiros. Esta tradición comezou
cando Carlomagno creou as bibliotecas nos mosteiros
O poder da Igrexa
para movilizar as persoas
o chamamento á cruzada
Unha cruzada era unha guerra santa contra os infieis. Unía a xente de tódolos estamentos e reinos. Todo aquel que fora ás Cruzadas recibiría a indulxencia (o perdón dos pecados) do Papa.
os camiños de peregrinación
Durante a Idade Media habían tres lugares de peregrinación
que todos os cristiáns debían visitar: Xerusalén, o lugar da morte de Xesucristo, Roma, onde residía o Papa e estaba a
tumba do Apóstolo Pedro, e Santiago de Compostela, onde estaba a tumba do Apóstolo Santiago