O Señor feudal concedíalle ao campesiño un terreo no que vivir, cultivar e máis protección militar. A cambio, o campesiño convertíase en servo, pagaba un tributo en especie (unha parte da súa colleita), un tributo en cartos (un imposto monetario) e un tributo en traballo (de cando
en cando traballaba nas terras do Señor feudal).Ademais, o servo tiña multitude de obrigas a maiores:ir á guerra cando o Señor o
requirise, non podía mudarse do feudo sen permiso do Señor ou podía ser que non puideran casar sen o permiso do Señor