Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
Os departamentos dunha empresa - Coggle Diagram
Os departamentos dunha empresa
Para poder realizar a actividade pola cal foron creadas, as empresas contan con distintos departamentos ou áreas encargados de realizar cada unha das funcións ou pasos que hai que seguir para alcanzar o obxectivo común.
En xeral, as empresas contan con catro departamentos básicos:
Área de produción: encárgase da fabricación do produto.
Área financeira: ocúpase do financiamento da empresa e da política de investimentos.
Área comercial: encárgase da distribución e comercialización..
Área de recursos humanos: é responsable da organización e xestión do persoal.
O ámbito da empresa
As empresas son unidades de produción de bens e de servizos.
Os tipos de empresas
As empresas adóitanse clasificar segundo distintos criterios, entre eles o tamaño, a forma xurídica ou a procedencia do capital:
Segundo o tamaño
Pequenas: menos de 49 traballadores.
Medianas: entre 50 e 250 traballadores.
Grandes: máis de 250 traballadores.
Segundo a súa forma xurídica
Unipersoais: pertencen a unha soa persoa.
Sociedades: pertencen a máis dunha persoa.
Cooperativas: son empresas nas que os socios propietarios son, ao mesmo tempo, traballadores.
Segundo a procedencia do capital
Públicas: o seu capital provén do Estado.
Privadas: o seu capital provén de investidores particulares, como outras empresas ou particulares.
Mixtas: combinan capital do Estado co de particulares.
A organización das empresas
A organización interna de toda empresa concrétase no seu organigrama onde se representan de maneira gráfica os cargos, departamentos ou áreas dos que se compón cada empresa.
En xeral, as empresas adoitan dividirse en catro grandes áreas ou departamentos:
Produción ou fabricación: encárgase da elaboración de produtos ou servizos.
Contabilidade e finanzas: leva as contas da empresa, xestiona o orzamento e toma decisións sobre o mellor uso que se pode dar ao capital da empresa.
Mercadotecnia e vendas: deseña as estratexias de publicidade e de venda adecuadas para poder dar saída aos produtos ou servizos da empresa, é dicir, para poder vendelos.
Recursos humanos e persoal: encárgase da contratación e xestión do persoal.
Os traballadores constitúen o motor da empresa. O desenvolvemento do seu traballo de maneira coordinada é o que permite que as empresas obteñan beneficios.
Para iso, necesítase dividir o traballo que se vai realizar e contratar traballadores especializados en realizar as distintas tarefas necesarias para a empresa.
Esta división do traballo reflíctese no organigrama das compañías, no que se distinguen tres niveis de responsabilidade:
Nivel directivo: formado polos altos cargos da empresa que toman as decisións referentes á estratexia que se vai seguir.
Nivel executivo: constituído polos cargos intermedios que se encargan de decidir que tarefas hai que realizar para cumprir coa estratexia de empresa.
Nivel operativo: formado polos operarios ou traballadores que realizan as funcións ou tarefas planificadas nos niveis superiores.