Os elementos móbiles, tamén chamados operadores mecánicos, son
as pezas encargadas de transmitir o movemento do motor ao resto da máquina. Polo xeral, son máquinas simples. Entre os elementos móbiles
podemos atopar rodas, eixes, engrenaxes, correas, pancas, resortes, manivelas, etc.