Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
O NOSO PLANETA: A TERRA.
Hai uns 300 millóns de anos a Terra estaba…
O NOSO PLANETA: A TERRA.
Hai uns 300 millóns de anos a Terra estaba formada por un supercontinente coñecido como Panxea.
A TERRA
O sistema solar forma parte dunha galaxia chamada Vía Láctea. Formada por:
- O sol.
- Os planetas.
- Satélites.
- Cometas.
- Asteroides.
Características da Terra:
- Unha distancia o sol axeitada.
- Unha atmósfera.
- Auga nos tres estados.
- Un campo magnético.
Capas da Terra:
- Xeosfera: parte sólida do planeta. Formada
por núcleo, manto e a codia.
- Atmósfera: capa de gases que rodea a terra.
- Hidrosfera: formada por auga nos seus tres
estados.
- Biosfera: é o conxunto dos seres vivos que habitan o noso planeta.
ECOSISTEMAS
É o conxunto formado polos seres vivos que habitan un lugar determinado e as relacións que se establecen entre elas
COMPOÑENTES DOS ECOSISTEMAS:
- O medio físico ou biotopo, formada polos factores sen vida ( o solo, a luz, a auga... )
- O hábitat, o lugar do ecosistema no que viven os individuos dunha especie determinada.
- Os seres vivos.
- As relacións que se establecen entre eles.
- Productores: seres vivos que elaboran os seu propio alimento ( algas, plantas).
- Consumidores primarios: animais herbívoros que se alimentas dos produtores.
- Consumidores secundarios: animais carnívoros ou omnívoros que se alimentas dos consumidores primarios.
- Descompoñedores: seres vivos, fungos e bacterias que se alimentan de restos doutros seres vivos.
NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS
- Individuo: Organismo (unicelular o pluricelular) capaz de sobrevivir por si mismo en un ambiente determinado.
- Especie: conxunto de seres vivos semellantes entre si que poden reproducirse e ter descendentes coas súas mesmas características.
- Poboación: agrupa todos os seres vivos dun ecosistema pertenecentes á mesma especie.
- Comunidade: é o conxunto das poboacións dun ecosistema.
MATERIA E ENERXÍA NOS ECOSISTEMASOs seres vivos necesitamos materia e enerxía para nos mantermos con vida, as cales obtemos a través do alimento. Mediante as relacións alimentarias, a enerxía flúe polo ecosistema:
- Os productores usan a enerxía do sol para fabricaren o seu propio alimento.
- Os consumidores obtéñena alimentándose dos produtores.
- Os descompoñedores actúan sobre seres vivos para adquirila.
CICLO DA MATERIA
Os productores fabrican o seu propio alimento a partir da enerxía do sol e da materia orgánica que obteñen do medio. Mediante as relacións de alimentación esta materia vai pasando a outros ata que finalmente os descompoñedores a transforman en materia inorgánica, que volve a quedar de novo dispoñible para os produtores, formándose así un ciclo.
FLUXO DE ENERXÍA
Os produtores empregan a enerxía do sol para fabricaren o seu propio alimento. Esta enerxía queda almacenada como enerxía química na materia que os forma. Mediante as relacións de alimetación vai pasando a outros. Neste caso non se forma un ciclo.
CADEA ALIMENTARIA
É unha forma que temos de representar as relacións de alimentación que se producen nos ecosistemas. Están formadas por varios elos; produtores, consumidores e descompoñedores.
Son unha representación de como se produce o intercambio de materia e enerxía dentro dos ecosistemas.
TIPOS DE ECOSISTEMAS
O BOSQUE
- Tipo ecosistema: natural terrestre.
- Medio físico: o solo.
- Seres vivos: moi variados.
produtores: árbores.
consumidores primarios: hervíboros.
consumidores secundarios: moi variados.
organismos mortos: fungos, bacterias
A LAGOA
- Tipo de ecosistema: natural acuático.
- Medio físico: a auga.
- Seres vivos: variados.
produtores: fitoplancton, algas e plantas.
consumidores primarios: zooplancto.
consumidores secundarios: peces.
O LITORAL
- Tipo de ecosistema: natural mixto.
- Medio físico: praías, cantís, deltas e esteiros.
- Seres vivos: elevada biodiversidade.
produtores: algas, fitoplancto.
consumidores moi variados dentro e fóra da auga.
descompoñedores: fungos e bacterias.
A PRADERÍA
- Tipo de ecosistema: humanizado.
- Medio físico: zonas chás de relevo suave.
- Seres vivos:
produtores. plantas herbáceas de pouca altura e raices poco profundas.
consumidores: animais de pastoreo, aves e depredadores.
descompoñedores: fungos e bacterias.
A CIDADE
- Tipo de ecosistema: humanizado.
- Medio físico: cidades.
- Seres vivos: o ser humano como consumidor.
ESPAZOS PROTEXIDOS
PARQUES: Son áreas naturais pouco transformadas pola explotación humana que poseen fauna e flora singular.
RESERVAS NATURAIS: Son espazos que teñen como función principal a de protexer ecosistemas que se consideran dunha especial importancia.
ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS: Son espazos naturais que se crean para protexer ecosistemas mariños de especial importancia.
MONUMENTOS NATURAIS: Son espazos ou elementos da natureza nos que se localizan formacións de especial rareza ou beleza.
PAISAXES PROTEXIDAS: Son partes do territorio que se consideran merecedoras dunha protección especial polos seus valores naturais, estéticos ou culturais.