Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
L.GALEGA U.7 (Suxeito. O núcleo e os seus complementos (Clases de suxeitos…
L.GALEGA U.7
Suxeito. O núcleo e os seus complementos
Función do suxeito: vai desempeñala un grupo nominal formado por un núcleo e por determinantes e complementos. A función do núcleo é realizada por un substantivo ou por un pronome. Para recoñecer ao suxeito buscase o verbo da oración e preguntámoslle quen realiza a acción. As veces o núcleo do suxeito vai acompañado por outras palabras ou grupos de palabras denominadas complementos que concretan o seu significado.
Os complementos poden ser:
Un determinante e un substantivo
Un determinante, un substantivo e un adxetivo ou modificador. Un determinante, un substantivo e un complemento preposicional.
Definición: é a parte da oración que sinala a persoa, animal ou cousa que realiza a acción do verbo ou de que se dí algo. Concorda en número e persoa co verbo.
Clases de suxeitos:
O suxeito expreso é o que aparece expresado na oración.
O suxeito elíptico e o que non aparece na oración pero grazas ao verbo, somos quen de o descubrir.
Xentilicios e patronímicos
Patronímicos
é o apelido ou denominación formado a partir dun nome propio actual ou antigo. Fernando - Fernández
Xentilicios
é un nome que indica o lugar de procedencia dunha persoa ou cousa. Para formalos usamos sufixos. Os máis comúns son:
-ano, -ana, -án, -á, -és, -esa, -íno, -ína, -eño, -eña, -ense, -í.
Textos poéticos
A diferencia dos textos narrativos están formados por versos nos que o autor leva conta das sílabas que os forman así como da rima entre a última palabra de cada verso, o que lle confire ritmo e musicalidade á composición.
Este tipo de texto soe ter un carácter íntimo e a súa temática é diversa:
Intimista - expresan os sentimentos do escritor.
Social - critican as inxustizas que sofre a xente
Costumista - reflicten costumes e paisaxes
Históricos - recrean algún acontecemento.
Diérese
É un signo gráfico que se usa:
Sobre a letra -u, para indicar que se pronuncia esta vogal nas sílabas güe, güi fronte a gue e gui.
Sobre a letra -i, na primeira persoa e segunda do plural do copretérito do indicativo nos casos seguintes:
-aer, -oer, -aír, -oí, -uír
Copretérito de indicativo: saïamos (sa-ï- a - mos)
Presente de subxuntivo: saiamos (sa-ia-mos)
Narrativa I. A fábula
É unha narración de feitos marabillosos que adoitan encerrar unha ensinanza. Na maioría de ocasións esta ensinanza aparece resumida ao final da fábula.