Existe outro método de extraer peixe do mar, a súa cría a través da acuicultura. Neste caso o peixe críase no mar ou preto do mar, con augas mariñas. O peixe “cultivable” son mexillóns, doradas, lubinas, .., polo de agora, non tódalas especies se poden adaptar á acuicultura, aínda que recentemente conseguiuse co polbo. Considérase que a acuicultura é un éxito para o mundo actual, dado que se producen grandes cantidades de peixe, para a poboación mundial crecente, a un prezo reducido, porén, ten moitos detractores pola contaminación medioambiental que produce unha concentración de peixe tan grande: o volume das feces, a concentración de piensos na zona ou que a concentración de peixe tan grande obrigue a tratar con antibióticos ás piscifactorías, para evitar mortalidades masivas.