Please enable JavaScript.
Coggle requires JavaScript to display documents.
MAGNETISMO - Coggle Diagram
MAGNETISMO
OUTROS USOS
Almacenamento de información, como é o caso das bandas magnéticas de tarxetas de crédito ou sanitarias, billetes de tren ou tíckets de aparcadoiro, dispositivos de teléfonos móbiles e ordenadores.
Sistemas de alarmas, como as que se colocan en artigos de comercio ou libros de bibliotecas.
-
Medios de transpote, como os trens baseados na levitación magnética.
Tecnoloxía médica, como é o caso da resonancia magnética que lles permite aos médicos explorar o interior do noso corpo.
OS IMÁNS
Tipos
Naturais, como a magnetita.
Artificiais. Certos metais pódense converter en imáns artificiais porque teñen a capacidade de imantarse. Os imáns artificiais poden adquirir as propiedades dun imán natural de forma temporal ou permanente.
-
-
-
O MAGNETISMO TERRESTRE
A Terra compórtase como un xigantesco imán. O magnetismo terrestre orixínase no núcleo da Terra. O campo magnético terrestre dá lugar á magnetosfera, unha rexión do espazo que rodea ao noso planeta na que podemos observar os efectos do magnetismo terrestre.
O Sol compórtase como un enorme reactor nuclear que desprende partículas cara ao espazo. Estas partículas dan lugar ao vento solar, que se chegase a impactar contra a atmosfera da Terra poñería en perigo aos seres vivos. A magnetosfera terrestre actúa como un escudo protector que desvía o vento solar, protexendo así a vida do noso planeta.
USOS DO MAGNETISMO
O compás
Os polos magnéticos terrestres coinciden practicamente cos polos xeográficos, polo que podemos aproveitar esta característica do noso planeta para orientarnos. O compás é un aparello que nos resulta moi útil. Baséase nunha agulla imantada que xira sobre un soporte e se orienta no campo magnético terrestre. Un dos extremos desta agulla sinala o Polo Norte e o oposto, o Polo Sur.